Mais o que ben quixo un dia

作词:Rosalia de Castro

作曲:Amancio Prada

所属专辑:Rosalia de Castro

歌词

@migu music@

Mais o que ben quixo un dia - Amancio Prada

Mais o que ben quixo un día

Si a querer ten afición

Siempre lle queda unha mágoa

Dentro do seu corazón

Aló nas tardes serenas

Aló nas tardes caladas

Fainse maís duras as penas

Que nas brandas alboradas

Aló nas tardes sombrisas

Aló nas tardes escuras

Fainse maís cortas as risas

Maís negras as desventuras

Que non hai sera tranquila

Para quen remorsos garda

E maís presto se aniquila

Canto maís a noite agarda

I anque ora sorrindo canto

Anque ora canto con brío

Tanto chorei chorei tanto

Como as auguiñas dun río

Tiven en pasados días

Fondas penas e pesares

E chorei bágoas tan frías

Como as auguiñas dos mares

Tiven tan fondos amores

E tan fondas amarguras

Que era fonte de dolores

Nacida entre penas duras

Ora río ora contento

Vou polas eiras cantando

Vendo de onda ven o vento

Cando vou levar o gando

Ora con grande sosiego

Durmo na beira das fontes

Durmo na beira dos regos

Durmo na punta dos montes

Airitos airitos aires

Airitos da miña terra

Airitos airitos aires

Airitos levaime a ela

Airitos airitos aires

Airitos da miña terra

Airitos airitos aires

Airitos levaime a ela

展开