歌词
@migu music@
Memoria da noite (夜的回忆) (Ao Vivo con Pedro Guerra) - Luar Na Lubre
Madrugada o porto adormeceu amor
A lúa abanea sobre as ondas
Piso espellos antes de que saia o sol
Na noite gardei a túa memoria
Perderei outra vez a vida
Cando rompa a luz nos cons
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar
Perderei o día que aprendín a bicar
Palabras dos teus ollos sobre o mar
Veu o loito antes de vir o rumor
Levouno a marea baixo a sombra
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
As redes baleiras sen gaivotas
E dirán contarán mentiras
Para ofrecerllas ao patrón
Quererán pechar cunhas moedas quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar
Quererán pechar cunhas moedas quizais
Os teus ollos abertos sobre o mar
Madrugada o porto despertou amor
O reloxo do bar quedou varado
Na costeira muda da desolación
Non imos esquecer nin perdoalo
Volverei volverei á vida
Cando rompa a luz nos cons
Porque nós arrancamos todo o orgullo do mar
Non nos afundiremos nunca máis
Que na túa memoria xa non hai volta atrás
Non nos humillaredes nunca máis
Non nos humillaredes nunca máis
展开