歌词
Belen ano cero - Amancio Prada
作词:Amancio Prada/C. Ferreiro
作曲:Amancio Prada/C. Emilio Ferreiro
XuntéI o vento frío coa auga neve
XuntéI a noite negra coa xiada
E vin un neno espido nun pesebre
Qué misterio máis fondo
Qué aventura
O neno non querían
Non querían
Gozar de outros irmáus
Nin de outra axuda
Por algo estaba alí
Por algo estaba
Tan lonxe da riqueza gasalleira
Tan perto da probeza desolada
Por algo os pastoriños se achegaron
E si o vento pasou tan paseniño
Cantando soavemente
Foi por algo
Por algo era maría unha aldeán
Cando podía sere si quixera
Primeira dama
Esposa principal
Por algo era xosé un carpinteiro
De fortes
Rexas máus encallecidas
Na garlopa
Na trencha e no martelo
XuntéI tódolos orfos nun só berce
XuntéI as inxusticias 'cos aldraxes
E púxenos de ofrenda nun pesebre
Quén foi o que roubou o meu presente
O meu presente
O meu presente
展开