Campanas de Bastabales

作词:Rosali de Castro

作曲:Amancio Prada

所属专辑:Canto a Galicia

歌词

@migu music@

Campanas de Bastabales

Cando vos oio tocar

Mórrome de soidades

Cando vos oio tocar

Campaniñas campaniñas

Cando vos oio tocar

Campaniñas campaniñas

Sin querer torno a chorar

Cando de lonxe vos oio

Penso que por min chamades

Cando de lonxe vos oio

Penso que por min chamades

E das entrañas me doio

Dóiome de dór ferida

Que antes tiña vida enteira

Dóiome de dór ferida

Que antes tiña vida enteira

E hoxe teño media vida

Só media me deixaron

Os que de aló me trouxeron

Só media me deixaron

Os que de aló me trouxeron

Os que de aló me roubaron

Non me roubaron traidores

Ai uns amores toliños

Non me roubaron traidores

Ai uns amores toliños

Ai uns toliños amores

Que os amores xa fuxiron

As soidades viñeron

Que os amores xa fuxiron

As soidades viñeron

De pena me consumiron

Campanas de Bastabales

Cando vos oio tocar

Mórrome de soidades

Campanas de Bastabales - Amancio Prada

展开