Adios rios, adios fontes

作词:Rosalia de Castro

作曲:Amancio Prada

所属专辑:Canto a Galicia

歌词

@migu music@

Adiós ríos adiós fontes

Adiós regatos pequenos

Adiós vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos

Miña terra miña terra

Terra donde m' eu criey

Ortiña que quero tanto

Figueiriñas que prantey

Prados ríos arboredas

Pinares que move o vento

Paxariños piadores

Casiña do meu contento

Muíño dos castañares

Noites craras de luar

Campaniñas trimbadoras

Da igrexiña do lugar

Amoriñas das silveiras

Que eu lle daba ó meu amor

CamiñIños antre o millo

Adiós para sempre adiós

Adiós groria adiós contento

Deixo a casa onde nacín

Deixo a aldea que conozo

Por un mundo que non vin

Deixo amigos por estraños

Deixo a veiga polo mar

Deixo en fin canto ben quero

Quén pudera non deixar

Adiós adiós que me vou

Herbiñas do camposanto

Donde meu pay se enterróu

Herbiñas que biquey tanto

Terriña que nos crióu

Xa se oyen lonxe moy lonxe

As campanas do pomar

Para min ay coitadiño

Nunca máis han de tocar

Xa se oyen lonxe máis lonxe

Cada balada é un dolor

Voume soyo sin arrimo

Miña terra adiós adiós

Adiós tamén queridiña

Adiós por sempre quizáis

Dígoche este adiós chorando

Dende a beiriña do mar

Non me olvides queridiña

Si morro de soidás

Tantas légoas mar adentro

Miña casiña meu lar

Adiós ríos adiós fontes

Adiós regatos pequenos

Adiós vista dos meus ollos

Non sei cando nos veremos

Non sei cando nos veremos

Adios rios adios fontes - Amancio Prada

展开