María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.      SÉS é unha cantautora galega de traxectoria ascendente e imparable que tras a súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escena musical galega”.       Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa dabondo demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión e o cuestionamento do establecido.       O estilo de SÉS mestura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que conseguen un resultado orixinal e xenuíno: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.       O seu discurso valente, novo, contundente e directo fan da figura de SÉS a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquilo no que sería ideal crer.

查看更多 举报
Sés
热门单曲 全部1首
热门专辑 全部1张